Sabedes que a ONU declarou o ano 2021 como Ano Internacional das Froitas e Hortalizas?
Que importante é ter unha boa alimentación! Nunha dieta saudable non poden faltar estes alimentos.
Trátase de destacar o valor das froitas e hortalizas e darse conta do dano causado pola perda e desperdicio de alimentos.
Desde o Equipo da Biblioteca propoñemos este tema como Proxecto Escolar para este curso.
E falando de froitas e hortalizas, a ver se adiviñas?
Son un repolo por fora
por dentro son unha flor
que aínda que branca e moi fermosa
non ten bo olor.
por dentro son unha flor
que aínda que branca e moi fermosa
non ten bo olor.
Fun a praza
e compreinas xeitosas
cheguei a miña casa
e chorei con elas
e compreinas xeitosas
cheguei a miña casa
e chorei con elas
Se estamos asadas
somos moi pesadas
se nos poñen fritas
estamos moi ricas.
somos moi pesadas
se nos poñen fritas
estamos moi ricas.
Queres te?
Pois toma te!
Sabes ti que froito é?
Pois toma te!
Sabes ti que froito é?
Son da cor do chocolate,
ábrense coa calor
e se as botas ao lume
estoupan con gran sabor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario