C.E.I.P. MARÍA PITA

martes, 20 de diciembre de 2016

FELICES FESTAS

LECTURA NO NADAL

Desde a biblioteca desexámosvos un FELIZ NADAL. Queremos suxerirvos uns libros que podedes pedir como agasallo para estas festas. Recordade que "un libro é sempre un bo amigo". Disfrutade lendo tamén no Nadal!!



viernes, 25 de noviembre de 2016

CONCURSO DE MONSTROS

Que monstros tan terroríficos adornaron os nosos corredores durante estas semanas!! Agora toca ver cales son os seleccionados deste ano. Grazas a todos por participar e parabéns aos gañadores!!!

viernes, 28 de octubre de 2016

CELEBRAMOS O SAMAÍN

A biblioteca encheuse de cabazas, fantasmas, bruxas... para esta celebración. Tamén dunha selección de contos de medo.
             
Tamén temos unha exposición dos terroríficos monstros que presentastes ao concurso

A ver se vos gustan estes contos, dan un pouco de medo... ou non?


lunes, 17 de octubre de 2016

NOVAS DE OUTUBRO

Comezamos cos contacontos na biblioteca. Se queres participar como lector, apúntate na hora do recreo.

  CONCURSO DE MONSTROS: Moi pronto será o Samaín e celebraremos o concurso de monstros igual que en anos anteriores. Anímate e participa!!

lunes, 12 de septiembre de 2016

NOVO CURSO


BENVIDOS








Benvidos ao novo curso. Desde a biblioteca temos preparadas novas actividades e proxectos das que a nosa mascota, a pita María,  decontado vos informará. Non deixedes de visitarnos!!!

domingo, 26 de junio de 2016

BOAS VACACIÓNS

                                 LIBROS SEMPRE

OS XOGOS OLÍMPICOS

O proxecto deste curso da biblioteca foi os xogos olímpicos. Ao longo do curso traballamos nos distintos aspectos: inicio das olimpíadas, deportes e récords olímpicos... Unha mostra do traballo realizado expúxose nos taboleiros, como vedes nestas imaxes.







Nestas ligazóns tedes máis traballos realizados por alumnado de 2º

miércoles, 25 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS

                                  Conmemorámolo coa lectura de poemas de Manuel María
                     

lunes, 9 de mayo de 2016

LEMBRANDO A ROSALÍA E A MANUEL MARÍA

Participación no recitado de poesía na Casa Museo de Manuel María

Sofía Scaniello Corredoira, alumna de 5ºB


                                          
                                                        Clara Viqueira Martín, aluma de 5ºB






martes, 19 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO


O 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro. A UNESCO escolleu este día porque nel faleceron no ano 1616 tres grandes escritores da literatura universal, Miguel de Cervantes, William Shakespeare e   Inca Garcilaso de la Vega
Sabedes que cada ano a UNESCO escolle unha cidade como Capital Mundial do Libro? Este ano a elexida foi  Wroclaw, Polonia, Capital Mundial do Libro 2016

"TOMEMOS NUESTROS LIBROS Y NUESTROS BOLÍGRAFOS, QUE SON NUESTRAS ARMAS MÁS PODEROSAS" Malala Yousafzai


"Os  fantásticos libros voadores"
                                          






martes, 23 de febrero de 2016

DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro celébrase o día adicado a esta inesquecible escritora, unha das máis importantes en Lingua Galega. Nas seguintes ligazóns tedes recursos para coñecer a súa vida e obra.



sábado, 13 de febrero de 2016

RECITADO DE POESÍA

Nova mensaxe da Pita María:
Con motivo desta convocatoria, na biblioteca do colexio os participantes recitaron os poemas elixidos. Fixérono xenial!!!


viernes, 29 de enero de 2016

DÍA DA PAZ


O 30 de xaneiro celébrase o Día  Escolar da Non Violencia e a Paz. Pica na imaxe e busca palabras relacionadas coa paz.
.
Este ano no colexio o motivo foron as apertas pola PAZ. Velaquí queda unha mostra.






                                                                                                                                   


Nas seguintes ligazóns atoparedes recursos relacionados co tema.