C.E.I.P. MARÍA PITA

viernes, 28 de febrero de 2020

Día Internacional da muller: 8 de Marzo

Dende a biblioteca, en coordinación co grupo de traballo Donas de si, recomendamos o visionado destes vídeos.

Empezamos cunha canción  que coñecemos xa que nos acompañou algunha vez nas entradas e saídas do centro.

La mujer que mueve el mundo

Por que existe o 8 de marzo?

8 de marzo

Aínda que non sexa todo como nos gustaría...adiante!

Jamás te detengas

Mulleres valentes que foron abrindo camiño.

Eu son...Mulleres da sombra á luz


Escoitemos o que nos din estas "sabias" xitanas

retos-Feminismo-Romani


Non podía faltar unha canción signada en LSE.


I tu, sols tu

Para rematar esta canción preciosa que explica moi ben a situación das mulleres.

Matriarcas de Guadi Galego

Viva as nosas nenas e as nosas mulleres!!!!









Día de Rosalía de Castro

Hoxe na nosa biblioteca celebramos un recital de poesía para homenaxear a unha das nosas mulleres máis relevantes. Que agora ata ten unha estrela co seu nome.

O alumnado preparou nas aulas diferentes poesías relacionadas coa emigración. Tamén aproveitamos a Hora de Ler para escoitar a canción Rosalía pequeniña e escribir parte da canción.

Rosalía pequeniña





viernes, 14 de febrero de 2020

Entroido de cine!

O equipo de actividades extraescolares e o equipo de Normalización lingüística traballan en coordinación coa biblioteca. Polo que a temática para o Entroido é o cine. Iremos fermosísimas/os! Pero eso xa se verá no seguinte post.

De momento podemos ter un adianto con este mural. Gústavos o meco?


jueves, 13 de febrero de 2020

Ioga na biblioteca

A nosa biblioteca está xenial porque cando o necesitamos, podemos facer algo de  ioga e logo disfrutar duns bonitos libros. 


Xogos de mesa

Hoxe estrenamos os xogos de mesa con alumnado de educación infantil. Foi todo un éxito. 






miércoles, 12 de febrero de 2020

Xornadas de portas abertas

A nosa biblioteca tamén  é un espazo de reunións coas familias. Preparouse todo para recibilas  nas xornadas de portas abertas. Grazas a todas por vir.


III Xornadas Violeta

Helga, a coordinadora de Igualdade do CEIP María Pita organizou as III Xornadas Violeta que tiveron lugar na nosa biblioteca.

Visitounos Montse Vilar Figueirido a co-fundadora da libraría Lila de Lilith situada en Santiago de Compostela. Dounos unha información moi valiosa para utilizar e entender mellor todos os nosos libros. Moitísimas grazas por vir.





martes, 11 de febrero de 2020

Preparando o recuncho Lila

            Na nosa biblioteca temos bastantes libros coeducativos e decidimos colocalos nuns estantes de cor lila. Merecen especial atención estando nun centro no que a coeducación é un pilar fundamental.

           Como podedes apreciar os libros veñen marcados cun pequeno distintivo lila. E a estantería está teñindose desa cor,jeje! Cando esté rematada xa vos mostraremos o resultado final.


11F Día da muller e da nena na ciencia

A  biblioteca quere celebrar ese día expoñendo estos fabulosos libros. Debemos mostrarlles mulleres importantes que sirvan de referente para as nosas nenas e para os nosos nenos.