Temos nova web!!
Desde fai uns días ya podedes acceder á nova web do cole. Pincha no logo para visitarnos
Hoxe o alumnado de 6º tivo a sorte de recibir a Ledicia Costas co libro "Esmeraldina a pequena difunta".
Para o día do libro fixemos moitas actividades chulas.
2. Neste mes contamos coa visita de
Erica Esmoris co libro Patio de luces
O Hematocrítico co libro Vaia Cabuxiño
María Canosa co libro "As pombas de Bastián".
4. Dende o proxectos Donas de Si e Iguála-T preparouse un Bookflix. O máis bonito foi que o alumnado metía as recomendacións no Caixa de correo violeta para que a vaian coñecendo.
6. En infantil levaron esas variñas máxicas coas súas iniciais.
7. Dende Donas de Si e Iguála-T tamén fixemos este marcapáxinas.
Hoxe o alumnado de 3º tivo o pracer de recibir á escritora Erica Esmoris. Que alegría! Moitas grazas.
O alumnado de 5º tivo o pracer de coñecer a María Canosa. Despois de ler o seu libro "As pombas de Bastian" falaron con ela e déronlle o libro para firmar.
Grazas por vir.
Hoxe o alumnado de 2º tivo visita, que alegría! Foi un pracer recibir ao Hematocrítico. A crianza estaba tan ilusionada que días antes volveron a ler os seus libros.
Grazas por vir.
Este curso queremos darle visibilidade á narración oral.
Aquí tedes Pandemia de contos que fará voar a nosa imaxinación e o conto "Nin un biquiño á forza".
O Rei que lle tiña medo ás agullas
O alumnado tivo o pracer de recibir a Tania Solla e a Enrique Mauricio que levan a cabo os "Contacontos pola igualdade" promovidos pola Secretaria xeral de igualdade.
Durante este curso escolar en coordinación cos Plan Proxecta e Contrato Programa: Donas de si e Iguála-T fixéronse visibles mulleres importantes no Camiño de Santiago. Deste xeito conseguimos un efecto museo para ir coñecendo a diferentes mulleres.
Ademáis de facer o camiño polo noso patio, o alumnado de 2º creou o seu propio retrato no Camiño de Santiago.
Para ese día queremos destacar o noso fermoso mural. Para o CEIP María Pita a coeducación é a base da educación e da aprendizaxe vital.