C.E.I.P. MARÍA PITA

lunes, 26 de octubre de 2020

Samaín: Genially

 Deixámosvos un Genially de Samaín que está moi interesante. A xogar!

                         samain-2020. Genially

Halloween

 As nosas profes de inglés queren que nos lembremos de Halloween con música.

                        Winnie the Witch

E aproveitan a ocasión para presentarnos a Diego que é o auxiliar de conversa. Benvido. 




Cancións do Samaín

 Para ir pensando no Samaín deixámosvos unhas cancións terroríficas!

                     Canción os Monstriños+

                                      Samaín


sábado, 24 de octubre de 2020

Día das bibliotecas

Hoxe a nosa biblioteca está de celebración. Queremos festexar con vós o seu día con este fermoso vídeo.


                                                   24 de outubro 2020. Día das bibliotecas 



 

jueves, 22 de octubre de 2020

PROXECTO ESCOLAR

Sabedes que a ONU declarou o ano 2021 como Ano Internacional das Froitas e Hortalizas? 


Que importante é ter unha boa alimentación! Nunha dieta saudable  non poden faltar estes alimentos.
Trátase de destacar o valor das froitas e hortalizas e darse conta do dano causado pola perda e desperdicio de alimentos. 
Desde o Equipo da Biblioteca propoñemos este tema como Proxecto Escolar para este curso.
E falando de froitas e hortalizas, a ver se adiviñas?

Son un repolo por fora
por dentro son unha flor
que aínda que branca e moi fermosa
non ten bo olor.

Fun a praza
e compreinas xeitosas
cheguei a miña casa
e chorei con elas

Se estamos asadas
somos moi pesadas
se nos poñen fritas
estamos moi ricas.

Queres te?
Pois toma te!
Sabes ti que froito é?

Son da cor do chocolate,
ábrense coa calor
e se as botas ao lume
estoupan con gran sabor.


Achégase o Samaín

 Na nosa biblio temos libros fantásticos para ir abrindo boca.


 




  
Tamén preparamos ese día con carteis e algunha manualidade.







lunes, 19 de octubre de 2020

Hasta que podamos abrazarnos

 As nosas profes de infantil quixeron dende o 1.º instante explicar que a pesar de non haber apertas, haberá moito amor no cole. 💜❤💚🧡💛


Elixiron este conto (que tamén se pode ver en vídeo) para explicar todo o que podemos facer.


 



jueves, 15 de octubre de 2020

Libros de divulgación

 Este curso facilitamos lotes de libros de divulgación e plantillas para que o alumnado poida ler e recoller información de forma autónoma. 

Aquí hemos un exemplo. 





miércoles, 14 de octubre de 2020

O outono

 Aproveitamos libriños que nos falen do outono para facer manualidades e participar na actividade: refráns do outono. 













martes, 13 de octubre de 2020

Daniela pirata

 Hoxe queremos recomendar este libro que estará na biblioteca e nas aulas de infantil para seguir traballando a coeducación. 




miércoles, 7 de octubre de 2020

Dislexia

 Seguimos na semana da dislexia con máis actividades para visibilizar. Aquí temos un Genially que nos explica moi ben en que consiste.



A dislexia

martes, 6 de octubre de 2020