Hoxe visitounos a escritora Ánxela Loureiro para que o alumnado de 3º puidese coñecela despois de ler o seu libro Ota quere voar. Foi un encontro moi interesante e divertido.
Tamén nos visitou durante o mes de abril o escritor Antonio Manuel Fraga Allegue para explicarlles ás rapazas e rapaces de 5º e 6º sobre dous dos seus libros: "O castañeiro de abril" e "Escaquis e Romeu". Contestou todas as preguntas que lle fixeron sobre a súa concepción, elaboración e moitas máis sobre o traballo de escritor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario