C.E.I.P. MARÍA PITA

domingo, 15 de diciembre de 2019

La pequeña oruga glotona

O alumnado de 2º preparou este conto para o alumnado de 5º de Ed. Infantil (4 anos). Estaban con moita ilusión. Ían lendo cada un/unha a súa páxina e completando o panel. Esa oruga moito come!



Amelia Earhart

As alumnas de 4º de Ed. Primaria contáronlle este precioso conto ao alumnado de 2º. Esta vez decidimos poñer as imaxes do libro na pantalla e que elas leran o libro.

Antes da lectura explicaron brevemente quen era Amelia Earhart.



Este libro pertence á colección Pequenas e grandes. Está na nosa biblioteca.

viernes, 13 de diciembre de 2019

miércoles, 11 de diciembre de 2019

A que sabe a lúa?

Esta semana o alumnado de 3.º de Ed.Primaria quiso contar o conto "A que sabe a lúa?" á clase de 4 anos. Fixemos unha posta en escena algo diferente. Foi un éxito. Moitas grazas pola vosa ilusión.




Por suposto temos o conto na biblioteca con e sen pictogramas.




martes, 10 de diciembre de 2019

3ª pista

Creo que xa moitos/as sabedes xa de quen se trata. Martín é o encargado de dar a 3ª pista.



lunes, 9 de diciembre de 2019

2ª Pista. De que vai disfrazada a nosa Pita?

Ola!
 Queridas lectoras e queridos lectores, ahí vai a 2ª pista dada pola nosa voluntaria Cristina.




Di cousas como "Nunca deberíamos xuzgar polas apariencias, nin sequera a unha maleta".

viernes, 6 de diciembre de 2019

De que vai disfrazada a nosa Pita?

Fai unhas semanas apareceu a nosa Pita ben disfrazadiña. Algunhas persoas preguntáronnos de que ía disfrazada pero aínda non estaba todo listo para desvelar a súa identidade.




Unha mestra do equipo de biblio disfrazouna na súa casa e outra mestra moi creativa pensou "imos facer unha adiviña con pistas!" Aquí vos vai a 1ª pista dada por Odín (un dos nosos voluntarios de biblioteca)


É a personaxe dun libro que logo pasou a película. Trátase dunha muller independente, que fai o que lle da a gana e di o que pensa.

domingo, 1 de diciembre de 2019

Monstruo ¡Sé bueno!

Aquí temos o conto de Monstruo ¡sé bueno! As nenas de 2º convertíronse en auténticos monstruos,jeje!



Temos o libro na nosa biblioteca, na zona de Prelectoras/es.


domingo, 24 de noviembre de 2019

Corre corre Cabaciña

Esta semana presentámosvos o conto de Corre corre Cabaciña contado por unhas nenas estupendas de 4º de educación primaria.



Temos o libro na nosa biblioteca, na zona de Prelectoras/es.


jueves, 21 de noviembre de 2019

25 N

Tendo en conta que o 25 N está ao chegar, o equipo de profesorado que traballa no contrato programa Donas de si, que se está levando a cabo no CEIP María Pita, facilitounos un vídeo moi inspirador.

Que "como unha nena" non sexa nunca máis algo negativo.

¿Qué significa hacer algo #ComoNiña?


Este enlace está fenomenal. Imos cambiando pero aínda queda moito por andar. Di moitísimas verdades que ocorren en pleno 2019.

VIOLENCIA DE GÉNERO | UNA HISTORIA DE PRINCESAS Y PRÍNCIPES 5-11


Si tedes Facebook entrade neste enlace porque non sabemos que é mais emotivo: si a letra da canción, si a canción signada ou si ver aos nenos e nenas que son o presente e o futuro.

Matriarcas en LSE Ceip Gonzalo Torrente Ballester



Inaugurado o rincón de Prelectoras e Prelectores

Hoxe, xoves 21 de novembro quedou inaugurado o rincón de Prelectoras/es da biblioteca do María Pita. Non está de todo rematado xa que faltan letreiros e algunha man de pintura. Pero como os nenos e as nenas tiñan tantas ganas de coller libros de ese rincón, decidimos abrilo igualmante aínda que non estivese perfecto.

O alumnado de 1ºB e o alumnado de 2º C xa o disfrutaron con moita ilusión.

E por suposto como boa biblioteca, necesita dos seus coidados: deixámosvos un vídeo explicativo de como debemos facer.

Vinde a disfrutala!









martes, 19 de noviembre de 2019

25N Día internacional da non violencia contra a muller

No CEIP María Pita queremos aproveitar ese día para recordar a importancia do respecto e da valoración das mulleres nas nosas vidas.

Achegamos uns novos contos e outros non tan novos, aos nosos lectores e as nosas lectoras para falar deste tema tan importante.

Desexamos que as novas xeracións acaben con esta lacra social.

Unha aperta moi forte a esas rapazas e ás mulleres que nalgún momento foron ou son vítimas da violencia de xénero.

Non é non.
Soamente si é si.
Ninguén é dono do noso corpo.
Queremos vivir tranquilas e felices.




sábado, 2 de noviembre de 2019

Contaconto: El abejoso

Unhas alumnas de 4º, Alba e Safaa viñeron todas ilusionadas a preparar este conto. Ao pouco de estar practicando tamén se xuntaron alumnos de 2º, Hugo e Dani. A verdade é que nos fixeron pasar un bo momento xa que este conto é bastante gracioso. O libro está na nosa biblioteca.

Moitas grazas.



domingo, 27 de octubre de 2019

TDAH 27 de Outubro en España


Para dar visibilidade e así sensibilizar ao noso alumnado, á todo o profesorado en en xeral á sociedade o Departamento de Orientación do María Pita recórdanos que en España o TDAH ten o seu día propio. 


O vindeiro 27 de outubro celébrase en España o día do TDAH (Trastorno con Déficit de Atención e Hiperactividade), aínda que o día internacional é o 13 de xullo. Para este 27O pídese o apoio a todas as entidades que loitan polas persoas con TDAH.
Podedes ver máis información premendo o seguinte vínculo:

Haz visible TU VIDA


Podemos descargar ou ler este conto que nos deixa CADAH para dar visibilidade:

Una palabra olvidada

E se queredes saber máis, hai este precioso vídeo que remexe o noso interior. Empaticemos máis para ter un ensino de calidade e un mundo mellor:
Na biblioteca temos 2 contos que intentan explicar un pouco en que consiste ter TDAH.


Tan pronto rematemos a reforma estarán dispoñiblen para préstamo. 

En prol da inclusión.
Equipo de Biblioteca e Departamento de Orientación.



jueves, 24 de octubre de 2019

Últimas noticias da Pita María!

Ola! Temos unha última noticia. Hoxe, o 24 de outubro, precisamente o día das bibliotecas chegamos pola mañá e vimos que a mestra Malena empezara coa clasificación de libros da zona verde. Pasou a tarde do mércores vendo libro a libro para saber si iría na caixa de fantasía, de vida real ou de aventuras e viaxes entre outras categorías.

Polo que a partir de agora, as demáis persoas imos a continuar con esa labor e intentaremos facer a clasificación  o máis rápido posible.

A nosa Pita María preparounos un vídeo onde nos explica todo esto.








Contacontos: O soño do osiño Rosa

Hoxe as rapazas de 5º contaron este conto ao alumnado de 2º A. Fixéronno de fábula! Non podemos estar máis ledos/as de ver como se esforzaron en representalo tan ben. Sabemos que foron moitos momentos de ensaio. Foi un placer poder velo en directo. Moitas grazas.

Neste vídeo podedes ver o ben que o fixeron.




O libro atópase na nosa biblioteca, na zona de infantil.



CARABUÑAS

Este é o conto de Carabuñas, o monstro que non cortaba as uñas, que cazaba nenos para a súa despensa e... Dará medo ou non?





viernes, 18 de octubre de 2019

Mensaxe da Pita: Coidemos dos nosos libros NOVOS

Ola!!!!  Ao principio de curso expurgamos uns cantos libros que estaban deteriorados. Como sabemos que hai algúns que vos gustan moito, xa os mercamos de novo e estamos preparando todo para que se poida coller en préstamo. 

A nosa Pita ten unha mensaxe para vos. Xa sabedes que non perde ocasión para chupar cámara,jeje!




martes, 15 de octubre de 2019

As/os cativas/os tamén participaron! Así de chulo quedou todo.

Os/as pitiños/as de 5 anos, do María Pita trouxeron estos traballos para homenaxear ás mulleres escritoras. Non me digades que non son fermosos!







O mural quedou así de bonito. Moitísimas grazas a todas e a todos por participar.





lunes, 14 de octubre de 2019

Para celebrar o Samaín

Que é o Samaín? Deixámosvos uns enlaces donde ven un pouquiño explicado.

Samain en la cultura gallega

Samaín

E tamén uns enlaces para visionar algunha curta "terrorífica":

A Bruxa Regañadentes

Fiz, o coleccionista de medos


A aventura de Nera

Este conto non é terrorífico pero si moi simpático. Como ten cabazas aproveitamos para engadilo. Podedes atopar o libro na biblioteca.

Corre, corre cabaziña

Non pode faltar a música e aquí temos tres cancións para mover o esqueleto.

Uxían Lambona e a Banda Molona: O Samaín

Brinca vai! No Samaín


Os monstriños

Chegan os últimos traballos sobre escritoras

Hoxe 14 de outubro é o Día das Escritoras. Con moito cariño acollemos estos últimos traballos. Nunca é tarde para participar e máis vendo estas preciosidades.







sábado, 12 de octubre de 2019

Anuncio da Pita do María Pita

A nosa mascota quere comunicarvos de viva voz o peche da zona de infantil.  Moito lle gusta a cámara, jiji!


Primeiro Contacontos: A Muller Barbuda

Hoxe na biblioteca viñeron as nenas de 2.º C a contarnos a historia da Muller Barbuda. Leron o conto no libro Valerosas. Hai diversas historias contadas en forma de cómic.








miércoles, 9 de octubre de 2019

Aquí algunha escritora máis.

Seguimos coñezendo e visibilizando ás escritoras que vos gustan. A verdade é que son escritoras de moito éxito. Grazas por traernos información sobre elas. Así da gusto.














martes, 8 de octubre de 2019

Seguimos con entregas!

Que ben o fan as alumnas e os alumnos do María Pita. Estamos coñecendo cada día máis escritoras e podemos ver que algunha delas teñen moito éxito entre as nosas lectoras e os nosos lectores.  Moitísimas grazas por participar.