C.E.I.P. MARÍA PITA

viernes, 6 de diciembre de 2019

De que vai disfrazada a nosa Pita?

Fai unhas semanas apareceu a nosa Pita ben disfrazadiña. Algunhas persoas preguntáronnos de que ía disfrazada pero aínda non estaba todo listo para desvelar a súa identidade.




Unha mestra do equipo de biblio disfrazouna na súa casa e outra mestra moi creativa pensou "imos facer unha adiviña con pistas!" Aquí vos vai a 1ª pista dada por Odín (un dos nosos voluntarios de biblioteca)


É a personaxe dun libro que logo pasou a película. Trátase dunha muller independente, que fai o que lle da a gana e di o que pensa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario