C.E.I.P. MARÍA PITA

viernes, 9 de noviembre de 2018

CONTACONTOS

 

Hoxe tocoulle a 3º visitar a biblioteca na Hora de ler para divertirse co conto "Josefina juega al escondite",  que lles contaron alumnas de 5º. 




lunes, 5 de noviembre de 2018

SAMAÍN

CONCURSO DE MONSTROS

Estos son os "monstros" seleccionados










Uns traballos estupendos!! Moitas grazas por participar.



lunes, 15 de octubre de 2018

NOVIDADES

Hai varias informacións que temos que darvos. A primeira é sobre o proxecto para este curso, titúlase "Descubrindo a pintura" xa que este foi o tema elixido entre todos.


Tamén lembrarvos que o día 24 deste mes é o Día das bibliotecas. Celebrarémolo!
Ademais acércase o Samaín e, igual que en anos anteriores, haberá o "Concurso de monstros", así que ide debuxando o voso e animádevos a participar.
Comezaron xa as lecturas na biblioteca. Estade atentos para saber o día que vos toca ler.
Despedímonos coma sempre co lema da pita María: "Un libro é un bo amigo"

miércoles, 12 de septiembre de 2018

NOVO CURSO

Xa estamos aquí, agardándovos na biblioteca coma sempre. A Pita María espera con ilusión as vosas visitas! Aquí vos deixamos estas ideas para facer uns preciosos marcapáxinas.


miércoles, 16 de mayo de 2018

PATRIMONIO CULTURAL EUROPEO

PROXECTO ESCOLAR

O 2018 foi declarado Ano Europeo do Patrimonio Cultural. Desde a biblioteca escolar decidimos que  o rico patrimonio cultural de Europa fora o tema do proxecto escolar do curso. Preme na imaxe para ver os traballos realizados.