C.E.I.P. MARÍA PITA

lunes, 30 de enero de 2017

DÍA DA PAZ

Hoxe celebrámolo saíndo ao patio para formar o símbolo da paz entre todos os nenos e nenas do cole. Ademais adornamos a entrada da biblioteca cunha morea de pombas cheas de mensaxes con bos desexos para conseguir entre todos un mundo mellor. 










viernes, 27 de enero de 2017

NOVIDADES

Acabamos de recibir novos libros. Pasade pola biblioteca para velos. Dentro duns días teremos algúns máis que agora estamos catalogando. Non perdades as novidades! Mirade unha mostra.

LECTURAS NA BIBLIOTECA

Comezamos o ano con máis lecturas. Este curso está tendo moita participación, fantástico! Encántanos que teñades tantas ganas de vir á biblioteca, seleccionar un conto, preparalo e contarllo aos compañeiros. Mirade nas imaxes que bonita actividade.