Hoxe, xoves 21 de novembro quedou inaugurado o rincón de Prelectoras/es da biblioteca do María Pita. Non está de todo rematado xa que faltan letreiros e algunha man de pintura. Pero como os nenos e as nenas tiñan tantas ganas de coller libros de ese rincón, decidimos abrilo igualmante aínda que non estivese perfecto.
O alumnado de 1ºB e o alumnado de 2º C xa o disfrutaron con moita ilusión.
E por suposto como boa biblioteca, necesita dos seus coidados: deixámosvos un vídeo explicativo de como debemos facer.
Vinde a disfrutala!
No hay comentarios:
Publicar un comentario