C.E.I.P. MARÍA PITA

martes, 19 de noviembre de 2019

25N Día internacional da non violencia contra a muller

No CEIP María Pita queremos aproveitar ese día para recordar a importancia do respecto e da valoración das mulleres nas nosas vidas.

Achegamos uns novos contos e outros non tan novos, aos nosos lectores e as nosas lectoras para falar deste tema tan importante.

Desexamos que as novas xeracións acaben con esta lacra social.

Unha aperta moi forte a esas rapazas e ás mulleres que nalgún momento foron ou son vítimas da violencia de xénero.

Non é non.
Soamente si é si.
Ninguén é dono do noso corpo.
Queremos vivir tranquilas e felices.




No hay comentarios:

Publicar un comentario