C.E.I.P. MARÍA PITA

lunes, 30 de septiembre de 2019

IV Día das Escritoras

MULLERES ESCRITORAS

Este ano o 14 de outubro será o día no que se celebrará o Día das Escritoras. A Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionáis e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas organizan por cuarto ano consecutivo, o Día das Escritoras para recordar as dificultades ás que se enfretaron estas mulleres. Querendo destacar a súa importancia, a súa valentía e o valor das súas obras literarias. Este ano o tema principal será o amor.

Deixámosvos este enlace con máis información:

diadelasescritoras /edicion-2019

Estade atentas e atentos que pronto celebraremos  o Día das Escritoras na nosa biblioteca e será fundamental a vosa participación.







domingo, 29 de septiembre de 2019

O CINE

Este curso no proxecto escolar investigaremos sobre o cine. Preparádevos para un curso "de película"

No mes de outubro comezaremos tamén co servizo de préstamos durante o recreo. Esperamos vervos moito pola biblioteca. Recordade o lema da Pita María "Un libro é un bo amigo".

miércoles, 11 de septiembre de 2019

COMEZAMOS

Xa estamos de volta e coma sempre traemos novidades que vos iremos contando
sobre as actividades que teredes este ano na biblioteca. Tamén queremos dicirvos que o préstamo de libros empezará no mes de outubro. 
Bo comezo de curso!

martes, 9 de abril de 2019

ANIMACIÓN Á LECTURA

Hoxe visitounos a escritora Ánxela Loureiro para que o alumnado de 3º puidese coñecela despois de ler o seu libro Ota quere voar. Foi un encontro moi interesante e divertido.


        

       

Tamén nos visitou durante o mes de abril o escritor Antonio Manuel Fraga Allegue para explicarlles ás rapazas e rapaces de 5º e 6º sobre dous dos seus libros: "O castañeiro de abril" e "Escaquis e Romeu". Contestou todas as preguntas que lle fixeron sobre a súa concepción, elaboración e moitas máis sobre o traballo de escritor.
 
 




jueves, 21 de febrero de 2019

DÍA DE ROSALÍA







Deixamos tamén algún dos vídeos que gravamos esa semana na que a biblioteca se encheu de poemas de Rosalía: