C.E.I.P. MARÍA PITA

lunes, 15 de octubre de 2018

NOVIDADES

Hai varias informacións que temos que darvos. A primeira é sobre o proxecto para este curso, titúlase "Descubrindo a pintura" xa que este foi o tema elixido entre todos.


Tamén lembrarvos que o día 24 deste mes é o Día das bibliotecas. Celebrarémolo!
Ademais acércase o Samaín e, igual que en anos anteriores, haberá o "Concurso de monstros", así que ide debuxando o voso e animádevos a participar.
Comezaron xa as lecturas na biblioteca. Estade atentos para saber o día que vos toca ler.
Despedímonos coma sempre co lema da pita María: "Un libro é un bo amigo"

miércoles, 12 de septiembre de 2018

NOVO CURSO

Xa estamos aquí, agardándovos na biblioteca coma sempre. A Pita María espera con ilusión as vosas visitas! Aquí vos deixamos estas ideas para facer uns preciosos marcapáxinas.


miércoles, 16 de mayo de 2018

PATRIMONIO CULTURAL EUROPEO

PROXECTO ESCOLAR

O 2018 foi declarado Ano Europeo do Patrimonio Cultural. Desde a biblioteca escolar decidimos que  o rico patrimonio cultural de Europa fora o tema do proxecto escolar do curso. Preme na imaxe para ver os traballos realizados.


domingo, 22 de abril de 2018

DIVÍRTETE COA LECTURA

DÍA DO LIBRO




Recorda o lema da Pita María


                                                 DIA DO LIBRO

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

jueves, 22 de febrero de 2018

DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro, en recordo e homenaxe a esta fantástica escritora. Se queredes saber máis sobre ela visitade a seguinte ligazón pinchando na imaxe.

 
     Para conmemorar esta data ao longo desta semana recitamos as súas poesías na biblioteca.