Moitas grazas.
sábado, 2 de noviembre de 2019
Contaconto: El abejoso
Unhas alumnas de 4º, Alba e Safaa viñeron todas ilusionadas a preparar este conto. Ao pouco de estar practicando tamén se xuntaron alumnos de 2º, Hugo e Dani. A verdade é que nos fixeron pasar un bo momento xa que este conto é bastante gracioso. O libro está na nosa biblioteca.
Moitas grazas.
Moitas grazas.
domingo, 27 de octubre de 2019
TDAH 27 de Outubro en España
Para dar visibilidade e así sensibilizar ao noso alumnado, á todo o profesorado en en xeral á sociedade o Departamento de Orientación do María Pita recórdanos que en España o TDAH ten o seu día propio.
O vindeiro 27 de outubro celébrase en
España o día do TDAH (Trastorno con Déficit de Atención e Hiperactividade),
aínda que o día internacional é o 13 de xullo. Para este 27O pídese o apoio a todas as entidades que loitan polas persoas
con TDAH.
Podedes ver máis información premendo o
seguinte vínculo:
Podemos descargar ou ler este conto que nos deixa CADAH para dar visibilidade:
Una palabra olvidada
E se queredes saber máis, hai este precioso vídeo que remexe o noso interior. Empaticemos máis para ter un ensino de calidade e un mundo mellor:
Na biblioteca temos 2 contos que intentan explicar un pouco en que consiste ter TDAH.
Tan pronto rematemos a reforma estarán dispoñiblen para préstamo.
En prol da inclusión.
Equipo de Biblioteca e Departamento de
Orientación.
jueves, 24 de octubre de 2019
Últimas noticias da Pita María!
Ola! Temos unha última noticia. Hoxe, o 24 de outubro, precisamente o día das bibliotecas chegamos pola mañá e vimos que a mestra Malena empezara coa clasificación de libros da zona verde. Pasou a tarde do mércores vendo libro a libro para saber si iría na caixa de fantasía, de vida real ou de aventuras e viaxes entre outras categorías.
Polo que a partir de agora, as demáis persoas imos a continuar con esa labor e intentaremos facer a clasificación o máis rápido posible.
A nosa Pita María preparounos un vídeo onde nos explica todo esto.
Polo que a partir de agora, as demáis persoas imos a continuar con esa labor e intentaremos facer a clasificación o máis rápido posible.
A nosa Pita María preparounos un vídeo onde nos explica todo esto.
Contacontos: O soño do osiño Rosa
Hoxe as rapazas de 5º contaron este conto ao alumnado de 2º A. Fixéronno de fábula! Non podemos estar máis ledos/as de ver como se esforzaron en representalo tan ben. Sabemos que foron moitos momentos de ensaio. Foi un placer poder velo en directo. Moitas grazas.
Neste vídeo podedes ver o ben que o fixeron.
O libro atópase na nosa biblioteca, na zona de infantil.
Neste vídeo podedes ver o ben que o fixeron.
O libro atópase na nosa biblioteca, na zona de infantil.
CARABUÑAS
Este é o conto de Carabuñas, o monstro que non cortaba as uñas, que cazaba nenos para a súa despensa e... Dará medo ou non?
viernes, 18 de octubre de 2019
Mensaxe da Pita: Coidemos dos nosos libros NOVOS
Ola!!!! Ao principio de curso expurgamos uns cantos libros que estaban deteriorados. Como sabemos que hai algúns que vos gustan moito, xa os mercamos de novo e estamos preparando todo para que se poida coller en préstamo.
A nosa Pita ten unha mensaxe para vos. Xa sabedes que non perde ocasión para chupar cámara,jeje!
martes, 15 de octubre de 2019
As/os cativas/os tamén participaron! Así de chulo quedou todo.
Os/as pitiños/as de 5 anos, do María Pita trouxeron estos traballos para homenaxear ás mulleres escritoras. Non me digades que non son fermosos!
O mural quedou así de bonito. Moitísimas grazas a todas e a todos por participar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












