C.E.I.P. MARÍA PITA

jueves, 24 de octubre de 2019

Contacontos: O soño do osiño Rosa

Hoxe as rapazas de 5º contaron este conto ao alumnado de 2º A. Fixéronno de fábula! Non podemos estar máis ledos/as de ver como se esforzaron en representalo tan ben. Sabemos que foron moitos momentos de ensaio. Foi un placer poder velo en directo. Moitas grazas.

Neste vídeo podedes ver o ben que o fixeron.




O libro atópase na nosa biblioteca, na zona de infantil.



CARABUÑAS

Este é o conto de Carabuñas, o monstro que non cortaba as uñas, que cazaba nenos para a súa despensa e... Dará medo ou non?





viernes, 18 de octubre de 2019

Mensaxe da Pita: Coidemos dos nosos libros NOVOS

Ola!!!!  Ao principio de curso expurgamos uns cantos libros que estaban deteriorados. Como sabemos que hai algúns que vos gustan moito, xa os mercamos de novo e estamos preparando todo para que se poida coller en préstamo. 

A nosa Pita ten unha mensaxe para vos. Xa sabedes que non perde ocasión para chupar cámara,jeje!




martes, 15 de octubre de 2019

As/os cativas/os tamén participaron! Así de chulo quedou todo.

Os/as pitiños/as de 5 anos, do María Pita trouxeron estos traballos para homenaxear ás mulleres escritoras. Non me digades que non son fermosos!







O mural quedou así de bonito. Moitísimas grazas a todas e a todos por participar.





lunes, 14 de octubre de 2019

Para celebrar o Samaín

Que é o Samaín? Deixámosvos uns enlaces donde ven un pouquiño explicado.

Samain en la cultura gallega

Samaín

E tamén uns enlaces para visionar algunha curta "terrorífica":

A Bruxa Regañadentes

Fiz, o coleccionista de medos


A aventura de Nera

Este conto non é terrorífico pero si moi simpático. Como ten cabazas aproveitamos para engadilo. Podedes atopar o libro na biblioteca.

Corre, corre cabaziña

Non pode faltar a música e aquí temos tres cancións para mover o esqueleto.

Uxían Lambona e a Banda Molona: O Samaín

Brinca vai! No Samaín


Os monstriños

Chegan os últimos traballos sobre escritoras

Hoxe 14 de outubro é o Día das Escritoras. Con moito cariño acollemos estos últimos traballos. Nunca é tarde para participar e máis vendo estas preciosidades.







sábado, 12 de octubre de 2019

Anuncio da Pita do María Pita

A nosa mascota quere comunicarvos de viva voz o peche da zona de infantil.  Moito lle gusta a cámara, jiji!