C.E.I.P. MARÍA PITA

lunes, 14 de octubre de 2019

Para celebrar o Samaín

Que é o Samaín? Deixámosvos uns enlaces donde ven un pouquiño explicado.

Samain en la cultura gallega

Samaín

E tamén uns enlaces para visionar algunha curta "terrorífica":

A Bruxa Regañadentes

Fiz, o coleccionista de medos


A aventura de Nera

Este conto non é terrorífico pero si moi simpático. Como ten cabazas aproveitamos para engadilo. Podedes atopar o libro na biblioteca.

Corre, corre cabaziña

Non pode faltar a música e aquí temos tres cancións para mover o esqueleto.

Uxían Lambona e a Banda Molona: O Samaín

Brinca vai! No Samaín


Os monstriños

Chegan os últimos traballos sobre escritoras

Hoxe 14 de outubro é o Día das Escritoras. Con moito cariño acollemos estos últimos traballos. Nunca é tarde para participar e máis vendo estas preciosidades.







sábado, 12 de octubre de 2019

Anuncio da Pita do María Pita

A nosa mascota quere comunicarvos de viva voz o peche da zona de infantil.  Moito lle gusta a cámara, jiji!


Primeiro Contacontos: A Muller Barbuda

Hoxe na biblioteca viñeron as nenas de 2.º C a contarnos a historia da Muller Barbuda. Leron o conto no libro Valerosas. Hai diversas historias contadas en forma de cómic.








miércoles, 9 de octubre de 2019

Aquí algunha escritora máis.

Seguimos coñezendo e visibilizando ás escritoras que vos gustan. A verdade é que son escritoras de moito éxito. Grazas por traernos información sobre elas. Así da gusto.














martes, 8 de octubre de 2019

Seguimos con entregas!

Que ben o fan as alumnas e os alumnos do María Pita. Estamos coñecendo cada día máis escritoras e podemos ver que algunha delas teñen moito éxito entre as nosas lectoras e os nosos lectores.  Moitísimas grazas por participar.









Zona de infantil PECHADA por reforma

Ola!

Xa sabemos que é un fastidio pero este curso toca seguir coa decoración de este recuncho. Polo que esta zona estará pechada durante unhas semanas.

Sentimos as molestias ocasionadas.