sábado, 12 de octubre de 2019
Primeiro Contacontos: A Muller Barbuda
miércoles, 9 de octubre de 2019
Aquí algunha escritora máis.
Seguimos coñezendo e visibilizando ás escritoras que vos gustan. A verdade é que son escritoras de moito éxito. Grazas por traernos información sobre elas. Así da gusto.
martes, 8 de octubre de 2019
Seguimos con entregas!
Que ben o fan as alumnas e os alumnos do María Pita. Estamos coñecendo cada día máis escritoras e podemos ver que algunha delas teñen moito éxito entre as nosas lectoras e os nosos lectores. Moitísimas grazas por participar.
Zona de infantil PECHADA por reforma
Ola!
Xa sabemos que é un fastidio pero este curso toca seguir coa decoración de este recuncho. Polo que esta zona estará pechada durante unhas semanas.
Sentimos as molestias ocasionadas.
Xa sabemos que é un fastidio pero este curso toca seguir coa decoración de este recuncho. Polo que esta zona estará pechada durante unhas semanas.
Sentimos as molestias ocasionadas.
lunes, 7 de octubre de 2019
Máis escritoras!
viernes, 4 de octubre de 2019
1ª escritora favorita!!!!!
Hoxe, Rodrigo un neno de 2º B fixo entrega da presentación da súa escritora favorita. Levamos unha alegría moi grande porque foi o primeiro e eso sempre anima. Moitas grazas por participar e seguro que serve de insipración aos demáis nenos e nenas do cole.
miércoles, 2 de octubre de 2019
Preséntanos a túa escritora favorita
Xa sabedes que o 14 de outubro celebraremos o Día das Escritoras. Para eso queremos saber cales son as vosas escritoras favoritas.
Para presentar a túa escritora favorita é moi sinxelo.
1. Colle un folio tamaño A4
2. Na parte superior do folio: escribe o seu nome BEN GRANDE e podes facer un retrato da escritora ou simplemente pegar unha foto dela.
3. Na parte inferior explícanos o que prefiras: algo interesante da súa vida, o teu libro favorito e porque o recomendas, un debuxo sobre algo significativo na súa obra...
Para os/as máis peques:
1.Na casa podedes axudarlles buscando unha foto da autora e que a peguen. Ou simplemente poden facer o seu retrato. Seguro que a autora encantaríalle verse retratada por unha cativa ou un cativo do María Pita,jiji!
2. Na parte inferior poden facer un debuxo ou un collage do interior dun dos libros preferidos.
Entréganos o teu traballo como moi tarde o VENRES 11 DE OUTUBRO e será exposto na biblioteca. Moitas grazas por participar.
Démoslle vida, voz e visibilidade a todas esas escritoras que nos fan soñar!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)