C.E.I.P. MARÍA PITA

lunes, 7 de octubre de 2019

Máis escritoras!

Hoxe varias alumnas e un alumno de 2.º trouxeron información sobre as súas escritoras favoritas. Que sorte temos de poder coñecelas mellor. Moitas grazas pola vosa participación. 
   


  


viernes, 4 de octubre de 2019

1ª escritora favorita!!!!!


Hoxe, Rodrigo un neno de 2º B fixo entrega da presentación da súa escritora favorita. Levamos unha alegría moi grande porque foi o primeiro e eso sempre anima. Moitas grazas por participar e seguro que serve de insipración aos demáis nenos e nenas do cole. 


miércoles, 2 de octubre de 2019

Preséntanos a túa escritora favorita

Xa sabedes que o 14 de outubro celebraremos o Día das Escritoras. Para eso queremos saber cales son as vosas escritoras favoritas. 




Para presentar a túa escritora favorita é moi sinxelo.

1. Colle un folio tamaño A4

2. Na parte superior do folio: escribe o seu nome BEN GRANDE e podes facer un retrato da escritora ou simplemente pegar unha foto dela.

3. Na parte inferior explícanos o que prefiras: algo interesante da súa vida, o teu libro favorito e porque o recomendas, un debuxo sobre algo significativo na súa obra...


Para os/as máis peques:

1.Na casa podedes axudarlles buscando unha foto da autora e que a peguen. Ou simplemente poden facer o seu retrato. Seguro que a autora encantaríalle verse retratada por unha cativa ou un cativo do María Pita,jiji!

2. Na parte inferior poden facer un debuxo ou un collage do interior dun dos libros preferidos.

Entréganos o teu traballo como moi tarde o VENRES 11 DE OUTUBRO e será exposto na biblioteca. Moitas grazas por participar.

Démoslle vida, voz e visibilidade a todas esas escritoras que nos fan soñar!


lunes, 30 de septiembre de 2019

IV Día das Escritoras

MULLERES ESCRITORAS

Este ano o 14 de outubro será o día no que se celebrará o Día das Escritoras. A Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionáis e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas organizan por cuarto ano consecutivo, o Día das Escritoras para recordar as dificultades ás que se enfretaron estas mulleres. Querendo destacar a súa importancia, a súa valentía e o valor das súas obras literarias. Este ano o tema principal será o amor.

Deixámosvos este enlace con máis información:

diadelasescritoras /edicion-2019

Estade atentas e atentos que pronto celebraremos  o Día das Escritoras na nosa biblioteca e será fundamental a vosa participación.







domingo, 29 de septiembre de 2019

O CINE

Este curso no proxecto escolar investigaremos sobre o cine. Preparádevos para un curso "de película"

No mes de outubro comezaremos tamén co servizo de préstamos durante o recreo. Esperamos vervos moito pola biblioteca. Recordade o lema da Pita María "Un libro é un bo amigo".

miércoles, 11 de septiembre de 2019

COMEZAMOS

Xa estamos de volta e coma sempre traemos novidades que vos iremos contando
sobre as actividades que teredes este ano na biblioteca. Tamén queremos dicirvos que o préstamo de libros empezará no mes de outubro. 
Bo comezo de curso!