C.E.I.P. MARÍA PITA

martes, 30 de enero de 2018

DÍA DA PAZ

                                                       DIA DA PAZ

          Para conmemorar este día expuxéronse xunto á biblioteca os murais "Monumentos pola paz"

             

             


           

viernes, 22 de diciembre de 2017

BO NADAL


Pasade unhas boas vacacións de Nadal e non esquezades o noso lema: "Un libro é un bo amigo".
Aquí tedes unhas recomendacións de lecturas para que non falten ideas.





viernes, 3 de noviembre de 2017

CONTACONTOS

Hoxe tocoulles aos de 4º asistir ao contacontos na biblioteca. "Señor Nimbo y la máquina de nubes" foi o conto lido por alumnado de 6º. Fixérono xenial, encantounos!


Como estamos na semana da celebración do Samaín aquí vos deixamos estas fotos "terroríficas"




Os debuxos do concurso de monstros enchen o vestíbulo de personaxes  realmente "monstruosos"














jueves, 12 de octubre de 2017

NOVIDADES


Neste mes temos dúas noticias que darvos. A primeira, que convocamos unha nova edición do CONCURSO DE MONSTROS con motivo do Samaín. Animádevos a participar! Entregádelle os debuxos aos titores antes do día 20.
Por outra parte, o día 24 é o DÍA DAS BIBLIOTECAS. Invitámosvos como sempre a visitar a nosa, veredes que xa está decorada para Samaín e cunha selección de libros estupenda!!!

                                                 

lunes, 11 de septiembre de 2017

ESTAMOS DE VOLTA

Desde a biblioteca dámosvos a benvida a este novo curso. Esperamos que disfrutarades dunhas magníficas vacacións. Listos para comezar? A Pita María estará encantada coas vosas visitas!