martes, 21 de febrero de 2017
FORMACIÓN DE USUARIOS
Para que coñezades mellor a nosa biblioteca e podades atopar facilmente os libros que máis vos gustan, lede atentamente esta información que tamén tedes nas vosas clases. Non deixedes de visitarnos!! E recordade: "Un libro é sempre un bo amigo"
lunes, 20 de febrero de 2017
HOMENAXE A ROSALÍA
O 24 de febreiro é o Día de Rosalía. Para celebralo, durante toda esta semana haberá recitado dos seus poemas na biblioteca. Nesta ligazón tedes varios recursos para coñecer mellor a esta extraordinaria escritora.
ROSALÍA DE CASTRO
Educación Infantil
5º EP
5º EP
4ºEP
3ºEP
lunes, 30 de enero de 2017
DÍA DA PAZ
Hoxe celebrámolo
saíndo ao patio para formar o símbolo da paz entre todos os nenos e nenas do
cole. Ademais adornamos a entrada da biblioteca cunha morea de pombas cheas de
mensaxes con bos desexos para conseguir entre todos un mundo mellor.
viernes, 27 de enero de 2017
NOVIDADES
Acabamos de recibir novos libros. Pasade pola biblioteca para velos. Dentro duns días teremos algúns máis que agora estamos catalogando. Non perdades as novidades! Mirade unha mostra.
LECTURAS NA BIBLIOTECA
Comezamos o ano con máis lecturas. Este curso está tendo moita participación, fantástico! Encántanos que teñades tantas ganas de vir á biblioteca, seleccionar un conto, preparalo e contarllo aos compañeiros. Mirade nas imaxes que bonita actividade.
martes, 20 de diciembre de 2016
LECTURA NO NADAL
Desde a biblioteca desexámosvos un FELIZ NADAL. Queremos suxerirvos uns libros que podedes pedir como agasallo para estas festas. Recordade que "un libro é sempre un bo amigo". Disfrutade lendo tamén no Nadal!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


