martes, 20 de diciembre de 2016
LECTURA NO NADAL
Desde a biblioteca desexámosvos un FELIZ NADAL. Queremos suxerirvos uns libros que podedes pedir como agasallo para estas festas. Recordade que "un libro é sempre un bo amigo". Disfrutade lendo tamén no Nadal!!
viernes, 25 de noviembre de 2016
CONCURSO DE MONSTROS
Que monstros tan terroríficos adornaron os nosos corredores durante estas semanas!! Agora toca ver cales son os seleccionados deste ano. Grazas a todos por participar e parabéns aos gañadores!!!
viernes, 28 de octubre de 2016
CELEBRAMOS O SAMAÍN
A biblioteca encheuse de cabazas, fantasmas, bruxas... para esta celebración. Tamén dunha selección de contos de medo.
Tamén temos unha exposición dos terroríficos monstros que presentastes ao concurso
A ver se vos gustan estes contos, dan un pouco de medo... ou non?
lunes, 17 de octubre de 2016
NOVAS DE OUTUBRO
Comezamos cos contacontos na biblioteca. Se queres participar como lector, apúntate na hora do recreo.
CONCURSO DE MONSTROS: Moi pronto será o Samaín e celebraremos o concurso de monstros igual que en anos anteriores. Anímate e participa!!
lunes, 19 de septiembre de 2016
lunes, 12 de septiembre de 2016
NOVO CURSO
BENVIDOS
Benvidos ao novo curso. Desde a biblioteca temos preparadas novas actividades e proxectos das que a nosa mascota, a pita María, decontado vos informará. Non deixedes de visitarnos!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



