Benvidos ao novo curso. Desde a biblioteca temos preparadas novas actividades e proxectos das que a nosa mascota, a pita María, decontado vos informará. Non deixedes de visitarnos!!!
O proxecto deste curso da biblioteca foi os xogos olímpicos. Ao longo do curso traballamos nos distintos aspectos: inicio das olimpíadas, deportes e récords olímpicos... Unha mostra do traballo realizado expúxose nos taboleiros, como vedes nestas imaxes.
Nestas ligazóns tedes máis traballos realizados por alumnado de 2º
Sabedes que cada ano a UNESCO escolle unha cidade como Capital Mundial do Libro? Este ano a elexida foi Wroclaw, Polonia, Capital Mundial do Libro 2016
"TOMEMOS NUESTROS LIBROS Y NUESTROS BOLÍGRAFOS, QUE SON NUESTRAS ARMAS MÁS PODEROSAS" Malala Yousafzai