C.E.I.P. MARÍA PITA

martes, 19 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO


O 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro. A UNESCO escolleu este día porque nel faleceron no ano 1616 tres grandes escritores da literatura universal, Miguel de Cervantes, William Shakespeare e   Inca Garcilaso de la Vega
Sabedes que cada ano a UNESCO escolle unha cidade como Capital Mundial do Libro? Este ano a elexida foi  Wroclaw, Polonia, Capital Mundial do Libro 2016

"TOMEMOS NUESTROS LIBROS Y NUESTROS BOLÍGRAFOS, QUE SON NUESTRAS ARMAS MÁS PODEROSAS" Malala Yousafzai


"Os  fantásticos libros voadores"
                                          






martes, 23 de febrero de 2016

DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro celébrase o día adicado a esta inesquecible escritora, unha das máis importantes en Lingua Galega. Nas seguintes ligazóns tedes recursos para coñecer a súa vida e obra.



sábado, 13 de febrero de 2016

RECITADO DE POESÍA

Nova mensaxe da Pita María:
Con motivo desta convocatoria, na biblioteca do colexio os participantes recitaron os poemas elixidos. Fixérono xenial!!!


viernes, 29 de enero de 2016

DÍA DA PAZ


O 30 de xaneiro celébrase o Día  Escolar da Non Violencia e a Paz. Pica na imaxe e busca palabras relacionadas coa paz.
.
Este ano no colexio o motivo foron as apertas pola PAZ. Velaquí queda unha mostra.






                                                                                                                                   


Nas seguintes ligazóns atoparedes recursos relacionados co tema.



jueves, 17 de diciembre de 2015

BO NADAL

Desde a biblioteca enviamos a toda a comunidade educativa os mellores desexos para este Nadal.

                                   
                              

LECTURAS PARA NADAL

            Aí vos deixamos estas recomendacións de lecturas. Esperamos que vos gusten!!