C.E.I.P. MARÍA PITA

jueves, 17 de diciembre de 2015

BO NADAL

Desde a biblioteca enviamos a toda a comunidade educativa os mellores desexos para este Nadal.

                                   
                              

LECTURAS PARA NADAL

            Aí vos deixamos estas recomendacións de lecturas. Esperamos que vos gusten!!
         
                                  
                                   

CAIXA DE SUXESTIÓNS

Xa dispoñedes dun lugar onde deixar as vosas suxestións. A pita María estará encantada de recibilas.

miércoles, 18 de noviembre de 2015

CONCURSO DE MONSTROS

Xa temos os gañadores do concurso deste ano, no que houbo unha gran participación e uns traballos preciosos. Moitas grazas polo interese e parabéns aos gañadores. 

                                               
                                                






Velaquí vos queda unha mostra dos estupendos traballos presentados.



martes, 17 de noviembre de 2015

CONTOS NA BIBLIOTECA

No mes de outubro comenzamos coas lecturas na biblioteca. Alumnado de 5º e 6º elixe un conto para contarllo aos compañeiros dos outros cursos. Velaquí vos queda unha mostra neste vídeo.

lunes, 26 de octubre de 2015

DÍA DAS BIBLIOTECAS


                              "Os libros son amigos que nunca decepcionan" Thomas Carlyle  

miércoles, 14 de octubre de 2015

LEDICIA COSTAS, PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL

A escritora Ledicia Costas acaba de recibir o  PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL  polo seu libro ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA

Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés.Historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.