C.E.I.P. MARÍA PITA

domingo, 24 de noviembre de 2019

Corre corre Cabaciña

Esta semana presentámosvos o conto de Corre corre Cabaciña contado por unhas nenas estupendas de 4º de educación primaria.



Temos o libro na nosa biblioteca, na zona de Prelectoras/es.


jueves, 21 de noviembre de 2019

25 N

Tendo en conta que o 25 N está ao chegar, o equipo de profesorado que traballa no contrato programa Donas de si, que se está levando a cabo no CEIP María Pita, facilitounos un vídeo moi inspirador.

Que "como unha nena" non sexa nunca máis algo negativo.

¿Qué significa hacer algo #ComoNiña?


Este enlace está fenomenal. Imos cambiando pero aínda queda moito por andar. Di moitísimas verdades que ocorren en pleno 2019.

VIOLENCIA DE GÉNERO | UNA HISTORIA DE PRINCESAS Y PRÍNCIPES 5-11


Si tedes Facebook entrade neste enlace porque non sabemos que é mais emotivo: si a letra da canción, si a canción signada ou si ver aos nenos e nenas que son o presente e o futuro.

Matriarcas en LSE Ceip Gonzalo Torrente Ballester



Inaugurado o rincón de Prelectoras e Prelectores

Hoxe, xoves 21 de novembro quedou inaugurado o rincón de Prelectoras/es da biblioteca do María Pita. Non está de todo rematado xa que faltan letreiros e algunha man de pintura. Pero como os nenos e as nenas tiñan tantas ganas de coller libros de ese rincón, decidimos abrilo igualmante aínda que non estivese perfecto.

O alumnado de 1ºB e o alumnado de 2º C xa o disfrutaron con moita ilusión.

E por suposto como boa biblioteca, necesita dos seus coidados: deixámosvos un vídeo explicativo de como debemos facer.

Vinde a disfrutala!









martes, 19 de noviembre de 2019

25N Día internacional da non violencia contra a muller

No CEIP María Pita queremos aproveitar ese día para recordar a importancia do respecto e da valoración das mulleres nas nosas vidas.

Achegamos uns novos contos e outros non tan novos, aos nosos lectores e as nosas lectoras para falar deste tema tan importante.

Desexamos que as novas xeracións acaben con esta lacra social.

Unha aperta moi forte a esas rapazas e ás mulleres que nalgún momento foron ou son vítimas da violencia de xénero.

Non é non.
Soamente si é si.
Ninguén é dono do noso corpo.
Queremos vivir tranquilas e felices.




sábado, 2 de noviembre de 2019

Contaconto: El abejoso

Unhas alumnas de 4º, Alba e Safaa viñeron todas ilusionadas a preparar este conto. Ao pouco de estar practicando tamén se xuntaron alumnos de 2º, Hugo e Dani. A verdade é que nos fixeron pasar un bo momento xa que este conto é bastante gracioso. O libro está na nosa biblioteca.

Moitas grazas.