
jueves, 17 de diciembre de 2015
CAIXA DE SUXESTIÓNS
Xa dispoñedes dun lugar onde deixar as vosas suxestións. A pita María estará encantada de recibilas.
miércoles, 18 de noviembre de 2015
CONCURSO DE MONSTROS
Xa temos os gañadores do concurso deste ano, no que houbo unha gran participación e uns traballos preciosos. Moitas grazas polo interese e parabéns aos gañadores.
martes, 17 de noviembre de 2015
CONTOS NA BIBLIOTECA
No mes de outubro comenzamos coas lecturas na biblioteca. Alumnado de 5º e 6º elixe un conto para contarllo aos compañeiros dos outros cursos. Velaquí vos queda unha mostra neste vídeo.
lunes, 26 de octubre de 2015
miércoles, 14 de octubre de 2015
LEDICIA COSTAS, PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL
A escritora Ledicia Costas acaba de recibir o PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL polo seu libro ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA
Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés.Historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.
lunes, 14 de septiembre de 2015
viernes, 11 de septiembre de 2015
COMEZA O CURSO
Ola!!! Comezamos o novo curso cheos de ilusións que esperamos que se cumplan. Desde a biblioteca estamos preparando actividades das que teredes información en breve: proxecto para o curso, lecturas, préstamo de libros... Non esquezades o lema da nosa mascota UN LIBRO É SEMPRE UN BO AMIGO.
Preme na imaxe para ver "El cuento de los cuentos"
miércoles, 22 de abril de 2015
DÍA DO LIBRO
O 23 de abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Libro. Escolleuse esta data porque este día, no ano 1916 faleceron Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Animádevos a ler, canto máis, mellor!
Libros e lectura. Curtametraxes para motivar o interese pola lectura.
Confeción artesanal dun libro nunha imprenta inglesa. Argine, unha moza que soña a través dos libros.
Libros e lectura. Curtametraxes para motivar o interese pola lectura.
Confeción artesanal dun libro nunha imprenta inglesa. Argine, unha moza que soña a través dos libros.
lunes, 9 de marzo de 2015
DÍA DE ROSALÍA
O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro. Coloreamos rosas para decorar a biblioteca, nas que escribimos un poema.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)