Temos nova web!!
Desde fai uns días ya podedes acceder á nova web do cole. Pincha no logo para visitarnos
Hoxe o alumnado de 6º tivo a sorte de recibir a Ledicia Costas co libro "Esmeraldina a pequena difunta".
Para o día do libro fixemos moitas actividades chulas.
2. Neste mes contamos coa visita de
Erica Esmoris co libro Patio de luces
O Hematocrítico co libro Vaia Cabuxiño
María Canosa co libro "As pombas de Bastián".
4. Dende o proxectos Donas de Si e Iguála-T preparouse un Bookflix. O máis bonito foi que o alumnado metía as recomendacións no Caixa de correo violeta para que a vaian coñecendo.
6. En infantil levaron esas variñas máxicas coas súas iniciais.
7. Dende Donas de Si e Iguála-T tamén fixemos este marcapáxinas.
Hoxe o alumnado de 3º tivo o pracer de recibir á escritora Erica Esmoris. Que alegría! Moitas grazas.
O alumnado de 5º tivo o pracer de coñecer a María Canosa. Despois de ler o seu libro "As pombas de Bastian" falaron con ela e déronlle o libro para firmar.
Grazas por vir.
Hoxe o alumnado de 2º tivo visita, que alegría! Foi un pracer recibir ao Hematocrítico. A crianza estaba tan ilusionada que días antes volveron a ler os seus libros.
Grazas por vir.