C.E.I.P. MARÍA PITA

miércoles, 14 de octubre de 2015

LEDICIA COSTAS, PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL

A escritora Ledicia Costas acaba de recibir o  PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL  polo seu libro ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA

Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés.Historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario